Feeds:
Artigos
Comentarios

INTOLERABLE!

E inadmisible, si, a decisión tomada polo goberno municipal do Partido Popular con respecto á sede do Ateneo Ferrolán. As argumentacións en contra multiplícanseme, pero quedarei cunhas poucas. O trasfondo dos feitos recórdame aquela outra decisión tomada por Francisco Franco cando ao remate da guerra civil fixo desaparecer, por molesto ao réxime, o Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923. Unha entidade punteira en divulgación e estudios sobre o patrimonio cultural de Galicia. Moito falaba Isaac Díaz Pardo deste tema, e que ben llo podería explicar a quen dubido que coñeza a súa trascendencia. E Camilo Díaz Baliño, fillo predilecto de Ferrol, como entendería tamén o que está a ocorrer?
O Ateneo Ferrolán non é nin foi nunca unha entidade elitista (que tome nota quen tacha aos seus socios e sucesivas directivas de soberbios e, pola contra, aplaude aos membros dun equipo de goberno que basean a súa decisión nunha maioría absoluta que só respaldan as súas siglas), nin foi tampouco local-populista, como gustaría a quen non se sentíu levado baixo palio nas súas instalacións. Pero si é un lugar aberto, plural, democrático, preocupado pola investigación e a cultura en tódalas súas manifestacións, e primordialmente defensor da nosa.
Evidentemente, non todos os gobernos municipais pasan a historia de igual forma e, de momento, o actual non semella moito máis que un goberno vago, incapaz do máis sinxelo: amañar baches, sería un bo exemplo; un equipo adicado a rematar o comezado polo goberno anterior ou a revolver no xa rematado (véxase a praza de España). Un goberno que contempla impertérrito aos veciños alporizados do rural cando as silveiras invaden os camiños en pleno agosto. Un equipo mestre en crear problemas onde non os hai (o caso do Ateneo), e cando os hai, miran de esguello e saen do paso rumbosamente; como rumbosa foi a súa postura ante a demolición do edificio da antiga Fábrica de Lápices. No seu caso, nada importou a súa historia, o seu lugar senlleiro, a posibilidade de convertelo en centro cívico ou, simplemente, protexelo como arquitectura de especial interese. Quizais a súa percepción só abrangue o modernismo (tan colorista el) ou a riqueza histórico-material dos estaleiros; a humana xa é outra cousa ¿non si?
E nesas andamos, e nestas andan. Son consciente de que as miñas palabras non van conseguir que se me nomee ferrolá do ano, nin que a concellalía de cultura financie un libriño da miña autoría, nin que se me engada á lista de protocolo, nin que dea a talla na relación VIP do Partido Popular. Pero en momentos como este, dar un paso á fronte é imprescindible por pura autoestima, e sobre todo por informar á cidadanía de que as cousas poden facerse doutra forma e a xestión municipal é otra cousa. Por outra banda, se non hai recapacitación e pasos atrás, é bo recordar que os gobernos cambian cada catro anos e as cousas, por sorte, rematan volvendo ao seu lugar. En calquera caso, nos tres anos que lles restan, sería bo que se esforzasen en solucionar os problemas urxentes que ten esta cidade, gobernando para tódolos ferroláns e ferrolás. Pero se a liña é crear conflictos, adiante, están no bo camiño e ata pode que arrinquen o aplauso da deputada Popular Andrea Fabra.

Advertisements

O PSOE convoca unha asamblea cidadá reunión coa cidadanía para debatir sobre os graves recortes do PP, concretar accións reivindicativas e presentar as súas alternativas
A nova executiva local amosou o seu rexeitamento máis contundente ás medidas aprobadas este mesmo venres polo Consello de Ministros

A agrupación ferrolá porá a disposición dos veciños e veciñas recursos xurídicos contra os recortes sociais anunciados esta semana

Ferrol, 14 de xullo de 2012.- Ante o que supón un dos maiores ataques que se teñen producido polo Goberno do Partido Popular contra os traballadores e traballadoras e, en definitiva, contra aqueles sectores máis desfavorecidos e vulnerables da sociedade que, sen dúbida, rematan co Estado de Benestar en España, o PSOE de Ferrol non pode gardar silencio. Nesta liña, a Secretaria Xeral, Beatriz Sestayo, en nombre dos membros da Executiva, quere facer público o seu máis enérxico rexeitamento contra todas e cada un dos recortes anunciados no Congreso o mércores polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e aprobados este mesmo venres polo Consello de Ministros.
Para a Executiva local socialista, estas medidas son un claro exemplo da política “desalmada” que está a practicar o Partido Popular e que ten nos colectivos máis débiles o seu principal obxectivo. Por outra banda, os novos recortes anunciados polo PP racharán o denominado Estado de Benestar, ademais de agravar aínda máis as diferencias existentes entre clases sociais.
Así, co obxectivo de por en común as opinións dos veciños e veciñas da cidade, artellar as accións de rexeitamento contra os recortes e dar a coñecer as alternativas socialistas, o PSOE de Ferrol celebrará unha Asamblea Cidadá, que terá lugar o vindeiro martes, día 17, ás 20.00 horas, na sede do partido, ubicada no primeiro andar do número 2 da rúa Dolores (esquina coa Praza de Armas).
Ademais do debate, a Secretaria Xeral, Beatriz Sestayo xunto coa dirección socialista ferrolá anuncia que porá a disposicións dos cidadáns e cidadás recursos xurídicos contra as medidas aprobadas polo Goberno. Precisamente o martes, os integrantes da executiva informarán aos asistentes sobre a formalización de ditos recursos.
O PSOE de Ferrol fai un chamamento á cidadanía de esquerdas, deixando a un lado partidismos, para participar nesta iniciativa, moi importante nunha cidade xa especialmente castigada polo PP no seu sector estratéxico máis importante, o naval, e que está a perder ducias de emprego cada semana. “Se a esta sangría de despidos no naval sumamos as consecuencias dos novos recortes, a cidade de Ferrol morrerá”, aseguraron os integrantes da nova Executiva municipal socialista.

Entre las múltiples variantes de personalidad que definen a los seres humanos, en momentos de especial relevancia solemos encontrarnos dos grupos antagónicos: quienes se dejan llevar por la tranquilidad que aporta lo establecido, y aquellos que no dudan en enfrentarse a la realidad, luchando por un cambio que beneficie al mayor número de personas. Pero si los primeros caminan por lo fácil (pertenecer al grupo dominante suele tener múltiples ventajas y pocos inconvenientes), el esfuerzo, la valentía y la lucha de los segundos lleva consigo un plus ético que legitima su movimiento. A todo ello hay que añadir que no pocos cambios sociales y políticos son denominados “revolución” por quienes entienden el inmovilismo como elemento legitimador de su permanencia en los centros de poder. Así, los diferentes se convierten en “rebeldes”, y sus mensajes en palabras que apenas importan, cuando lo que se dirime no es otra cosa que la posesión del bastón de mando.
Estamos en tiempos especialmente duros en los que la sociedad exige rumbos distintos; un momento crucial para repensar el presente, que será donde, al cabo, se delimite el futuro. Esta ciudad necesita ilusión y unas alternativas reales que abran paso a expectativas lúcidas y renovadas. No valen ya dinámicas del siglo pasado, cuando nuestro alrededor sería irreconocible si nos situásemos veinte años atrás. Y en este nuevo rumbo al que se nos obliga desde la realidad más cruda han de estar presentes, de una forma nítida, los movimientos sociales y sus reivindicaciones, del mismo modo que los partidos políticos, entendidos como herramienta útil, necesaria y capaz que posibilita la plasmación real del cambio que buena parte de la sociedad reivindica.
Por todo ello, es el momento de romper inercias e ir hacia renovaciones internas. Es el momento de democracias participativas y de plasmar códigos éticos en donde las buenas conductas políticas pasen a ser ejemplos definitorios de las siglas representadas. El momento de exigir rendición de cuentas por el trabajo realizado; de que cada persona, de que cada militante, se represente a sí mismo en el voto emitido y la opinión defendida; de que los de mayor edad puedan ser tenidos en cuenta, en razón de la experiencia acumulada. Es el momento de que los barrios tengan voz propia a través de sus representantes, y de que no siempre sea la centralidad urbana quien defina las políticas locales. Un momento en el que no sólo miremos hacia nosotros mismos, sino que tengamos también en cuenta la comarca que nos acoge y a la que debemos acoger, en igualdad y respeto mutuo. Un momento en el que deben ponerse las bases de lo que deseamos para este Ferrol que a todos nos duele, y al que ya es hora de ofrecerle un proyecto real, factible e ilusionante.

TOCANDO A REBATO

Una vez logrado cierto distanciamiento de lo ocurrido en el seno local del Partido Socialista a lo largo de las últimas semanas y su correspondencia en el XII Congreso, no me es posible evitar aún ese cierto regusto amargo que conllevan determinados sucesos y frecuentes prácticas que nos han situado ante una cuesta abajo que, de seguir así las cosas, será muy difícil remontar.
Siempre he defendido que lo que debe mover a los partidos son las ideas y los programas, enfocados hacia la consecución de unos objetivos básicos especialmente claros: estar a lado de quienes más lo necesitan y luchar por alcanzar los cambios que al conjunto de la sociedad habrán de ser beneficiosos. El resto: las carreras por los pasillos, los proyectos unipersonales, el mantenimiento per saécula de sillas y sillones, las propuestas atropelladas de última hora, las elecciones nominales… no son más que legítimas miserias humanas proyectadas hacia inciertos futuros personales, y que no sólo no benefician al Partido, sino que incluso pueden llegar a destruirlo.
Igualmente, he defendido siempre, y públicamente, que al margen del compromiso con los militantes, este Partido tiene la obligación de estar a la altura de quienes lo han votado, personas con nombres y apellidos a quienes se debe respetar, reconociéndoles el derecho de exigirnos ser coherentes con su opción política y expectativas a la hora de introducir nuestras siglas en una urna, del mismo modo que de estar informados de cuanto importante se mueve en el interior de las agrupaciones.
A nadie sorprende ya la afirmación de que esta comarca y esta ciudad han ido perdiendo protagonismo político más allá de sus fronteras en los últimos años, cayendo en una autarquía de carácter laboral y económica que incide, sin lugar a dudas, en la grave situación que atraviesan y que a todos y todas nos es conocida. Pero ser consciente de ello -y practicar a la vez una militancia real, siempre en clave transparente y positiva- no deja de producirme una cierta vergüenza íntima que, a pesar de los esfuerzos por lograr el cambio desde dentro, hace tiempo no logro evitar. Sé que hay compañeros y compañeras que han saldado este sentimiento a través su baja en el Partido; algo que respeto, faltaría más!, pero que en modo alguno comparto, ya que considero que los portazos no son más que la evidencia de la derrota, de no soportar el esfuerzo que conlleva continuar dentro, hombro con hombro, discutiendo muchas veces, pero luchando siempre por lo que vale la pena y que difícilmente s e logra al margen de las estructuras políticas.
Llegados a este punto, sólo nos quedan dos opciones: continuar como hasta ahora, perdiendo la fuerza que nos queda, ofreciendo espectáculos lamentables y dejando que otros ocupen nuestros lugares; o bien tocar a rebato, poner el contador a cero y , unidos, perfilar un cambio real interno y un programa para esta ciudad, que se merece mucho más de lo que se le está ofreciendo. Por supuesto, quienes nos han votado también.

Escritora e investigadora
Rosa Méndez: “Ou loitamos polo noso idioma ou quedaremos exentos de significado”
07.06.2010 Unha sente certa fatiga ao andar reivindicando e defendendo a nosa lingua como se fose unha peza de museo
POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE
Rosa Méndez Fonte (Ferrol, 1957), é especialista en Patrimonio e Sociedade, e doutora pola Universidade da Coruña. Tras anos dedicada exclusivamente á investigación, os dous
últimos na Universidade Fernando Pessoa (Porto), no momento actual compaxina esta coa docencia en Educación Secundaria (IES Ollos Grandes-Lugo). Os seus traballos profundan no patrimonio (histórico, artístico, etnolóxico e da memoria) e a súa relación coa sociedade, do mesmo modo que presta tamén especial atención ao desenvolvemento da historia do patrimonio arquitectónico de Galicia. É autora de varios libros, coordinadora doutros e posúe tamén numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas. Proximamente, presentará a obra A conservación dos monumentos arquitectónicos en Galicia (1840-1940), que obtivo o “Premio Humanidades da Real Academia de Doutores e o Concepción Arenal” de Humanidades-2009, convocado pola Universidade da Coruña e o Concello de Ferrol.No eido literario, publicou os libros Poemas anobelados no tempo (Espiral Maior, 2000) e O Raio Verde (Espiral Maior, 2005), do mismo modo que foi compiladora de Poemas e Mar de Fondo (Universidade da Coruña, 2004). Habitualmente, colabora en revistas e publicacións colectivas como: A Coruña á luz das letras. Trifolium-AELG, 2008; Uxío Novoneyra. Amastra-n Gallar, n. 7, 2004; Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra. Espiral Maior–Federación de Libreiros–Xerais, 2003 e Botella ao mar. Asociación Galega de Artistas Visuais, 2003. En narrativa, publicou a novela Las horas guardan sombras (1993), que recibiu o Premio Galiana, convocado polo Concello de Toledo. Do mesmo modo que no ano 1994 quedou entre as finalistas ao Premio Asturias de Novela con De un tiempo atrás.

Rosa, a recente aprobación do novo Decreto polo goberno do PP, substituíndo o anterior de Normalización Lingüística, nunca chegou a aplicarse na súa totalidade pola reticencia de moitos docentes e pola desgana xeral da administración. Así, o idioma propio e natural da nación galega chegou a situacións de alarma vermella, co castelán instalado en todos os medios de comunicación, provocando unha diglosia maldita, auto-odio, etc. Agora coa aprobación deste disparate, a situación do galego empeora. Na miña opinión, o máis, o máis normal e sensato, non é outra cousa, e dada a situación dramática e a perda de falantes do noso idioma sería a descrinación positiva a favor do noso idioma. Calquera lingüista ou sociolingüista que se teña por tal así debe entendelo, o demais son contos de trepas e lingüicidas enmascarados. Cal é, Rosa, a túa reflexión a propósito desta miña non curta pregunta exposición?

Existe unha realidade cultural na que a lingua conforma algúns dos seus principais significados, e quen –a estas alturas!– non o entende así está a amosar unha grande e profunda ignorancia. Se un territorio, una historia común e unha lingua son os piares fundamentais sobre os que se asenta unha cultura, o feito de remoer calquera deles pode levar consigo un desequilibrio de difícil solución a medio prazo. Por outra banda, unha sente certa fatiga ao andar reivindicando e defendendo a nosa lingua, coma se fose unha peza de museo ou un obxecto valioso –que o é– ao que hai que protexer de mans inexpertas ou interesadas que puideran vir destruílo. Aínda que si, no fondo, o problema esta aí, ante nós, e ou loitamos polo noso ou podemos quedar exentos do que máis nos significa. En canto ao problema educativo –que non hai tal, xa que son os menos os que amosan reticencias–, atopámonos ante dúas realidades ben diferenciadas, dependendo da área territorial á que nos refiramos: rapaces que falan e escriben o galego con total normalidade e outros que só se achegan a el nos centros de ensino. E en ambos os casos compétenos a nós, os docentes, guialos cara á corrección linguística. Fóra das aulas serán seran eles mesmos os que, libremente, utilicen ou non o galego. Mais, en modo algún, debemos detraerlles a oportunidade de coñecelo e poder elixir. Todo isto sen tensións –que non existen– nin crispacións estrañas, produto, ás máis das veces, de formulacións ideolóxicas nos que a carga política ocupa lugares fundamentais. En síntese, estou falando de normalizar o que xa debería ser normal: o coñecemento e estudo do galego, en Galicia.

Segundo as estadísticas que cheguei a ler, aumentou o número de lectores/lectoras, pero estraña e curiosamente descende o número de falantes. Como se pode entender isto?

É difícil de argumentar, si, aínda que non tanto de comprender. Penso que, no fondo, existe un convencemento xeneralizado de que estamos ante unha lingua que nos define e estanos a dotar dunha calidade identitaria ben diferenciada. É dicir, galegos e galegas sentímonos orgullosos da nosa lingua e de canto esta supón para a nosa cultura, mais, por outra banda, a nosa realidade é a que é: un mundo grandemente castelanizado por causa, fundamentalmente, dos medios de comunicación. O fenómeno da globalización non nos é alleo, e a primeira sombra que nos proxecta vén da man do castelán. Non somos unha illa, e a nosa situación con respecto a ese idioma é moi feble; outra cousa é o nivel de compromiso que poidamos ter con este o noso “mundo esencial”, ou dito doutro modo, coa nosa primeira e primordial identidade. Certamente, se nos deixamos levar pola presión que nos arrodea e non poñemos nada da nosa parte, polo menos quen teña conciencia do problema no que estamos inmersos, non é difícil que en dúas xeracións a nosa lingua remate nunha vitrina sonora do Museo do Pobo Galego. Cousa nada desexable, agardo, para ninguén.

Non só o idioma sofre as turradas da barbarie do imperio, do capitalismo, senón que os recursos naturais da nación galega mesmo como a paisaxe ou terminoloxía ambiental é sistemáticamente espoliada e destruída en ben do capital. Establece a túa opinión respecto desta miña breve exposición?

Dicía nun principio que o territorio era unha parte fundamental da cultura; recorda como reaccionou Galicia cando o Prestige. A terra doe, sen dúbida, e cando é espoliada ou aldraxada o pobo sae ás rúas, de xeito natural, na súa defensa. Por outra banda, somos o que nos arrodea. Un medio deteriorado é a mostra palpable dunha cultura deteriorada. Non basta cunha vivenda axeitada ás nosas preferencias; as rúas, o eido rural, o litoral… son tamén a nosa grande vivenda, e o seu aspecto debe correr parello con esa calidade que buscamos nese outro espazo máis íntimo. Por outra banda, Galicia non se pode permitir, de ningún modo, un medio deteriorado, nin tampouco poñérllelo en bandexa ós especuladores, que os hai tamén aquí, como en todas as partes. E aí deben estar as diferentes administracións, tanto poñendo en marcha unha férrea lexislación como prestándolle minuciosa atención ao cumprimento desta. Nisto hai que ser radical e as medidas para tomar exemplificantes e disuasorias, co fin de protexer o que é un patrimonio común.

Hai persoas que non dubidan en afirmar que a literatura galega en xeral vive no momento máis esplendoroso da súa historia, outros/outras son menos optimistas… Cal é a túa visión como poeta, como narradora…?

A literatura galega vive un momento de especial creación, edición e difusión. As canles para chegar ao público son moito máis amplas que décadas atrás. Isto non quere dicir que o nivel de calidade corra parello co de cantidade. Hai boa literatura, sempre a houbo en Galicia; outra cousa é que fose difundida, coñecida e respectada máis alá das nosas fronteiras.

É Rosa, a poesía o xénero que máis e mellor habitas?

A poesía é o xenero que mellor está a habitarme. Mais non porque o dese-
xe especialmente, nin moito menos o busque; pola contra, é ela quen me atopa a min, sen preavisos. Entendo que a poesía só existe –xusto-xusto– no intre da súa escrita; nese tempo estraño que apenas é algo máis que unha paréntese no decorrer dos días. Aparece de súpeto, e de súpeto marcha. Non son poeta, nin me sinto poeta; de feito, sorpréndenme, ás veces, poemas que teño escrito. É algo así como unha segunda personalidade, unha esquizofrenia da que non me podo escapulir. Os poemas deixan de pertencerme no momento en que son impresos; son textos perdidos e resignificados tantas veces como persoas se están a achegar a eles. Outra cousa é o “oficio”, que vai sumando coñecementos e lixeireza, e que ás veces me serve para petar nas conciencias e contribuír con claridade en situacións inxustas. Ese é para min o compromiso fundamental dos que somos chamados escritores. O poeta, a poeta, debería ser unha referencia esencial na sociedade, pola súa capacidade de facer agromar a palabra exacta en baleiros alleos á liberdade ou ao compromiso. É por isto que se un poeta non é temido e respectado polos poderosos… algo está a pasar. Aínda que si, a poesía de salón ten tamén a súa cabida neste ámbito literario, e eu nada teño que dicirlle a quen asume esta opción, tan ahegada ao espectáculo, sempre e cando saiba o que fai, e non tente desvirtuar o seu perfil auténtico.

O ensaio nunca te tentou?

Téntanme moitas cousas, pero sei que o día ten vinte e catro horas e, de momento, apenas me sobran algúns que outros minutos.

Soñas ou ves Galicia dona do seu destino e como unha República Socialista, internacionalista e solidaria?

Soño cunha Galicia democrática, en liberdade, dona de decidir no seu, con calidade de vida e na que habiten persoas responsables e felices.

A democracia, calquera que for, é a antítese da monarquía, así se intitule esta de parlamentar, pódese explicar isto?

Non é sinxelo de explicar, non. Aínda que tamén é certo que as monarquías presentes nos actuais sistemas democráticos carecen do seu verdadeiro significado, até o punto de estar completamente desvirtuadas.

Nun Estado federal ou confederal, as cousas serían máis levadeiras que hoxe en día?

Non teño unha bóla de cristal na que poder ver o futuro, e penso ademais que non podemos pasar a vida pensando o que podemos ser e non somos. Neste sentido, creo máis na loita diaria por acadar obxectivos de carácter social, ben definidos, posibles e a curto prazo. Aínda que si, dáme medo a crecente globalización económica, sempre tan negativa para os máis pobres. Aí temos ante nós unha
crise galopante que provén duns sectores económicos que se fan fortes nesa poalla que os dilúe, por iso entendo que son cruciais as relacións internacionais entre gobernos progresistas. Preocúpame ese estreito diálogo entre neoliberais, conservadores e poderes económicos, e a súa negativa influencia de cara a desprestixiar gobernos e proxectos de esquerdas.

Con palabras Rosa, poderías retratar unha imaxe do significado e significante do tempo?

Fasme recordar os tempos de facultade e o estruturalismo de Saussure! Pero si, podo retratalo nidiamente: os meus fillos e a satisfacción interior que me produce o seu continuo descubrimento como persoas.

Tes algún libro de cabeceira ao que sempre regresas?

Teño ducias! Tantos, que non quero dicir ningún título, por non esquecer os outros. É un dos meus defectos, gusto de demasiadas
cousas á vez.

Di Gamoneda que en Galicia se escribe a mellor poesía do Estado español…Concordas?

Tento fuxir das comparacións. O que hoxe é así, mañá pode resultar todo o contrario. A boa poesía ten ás e non sabe de fronteiras.

O de nacionalidade histórica diche algo, ou é un sintagma que a estas alturas non ten sentido, un eufemismo para negar ou agochar a realidade?

Cal é a realidade? Para min non existe outra que a suma de todas elas. E a miña dime que somos una nación que posúe unha cultura, unha lingua e unha historia de seu, se isto nos fai ademais unha “nacionalidade histórica”… non o vexo descamiñado.

Que libro aínda non escribiches e che gustaría escribir?

Supoño que estás a referirte ao eido literario, e se é así, non sei cales son eses libros que non escribín aínda, porque nunca escribín nada previsto máis alá de cinco minutos antes de telo feito. Consecuentemente, se hubese algo que me gustase escribir xa estaría escrito. Ademais, tendo en conta que o feito da escrita vén, as máis das veces, acompañado dun fondo sentimento límite –e non sempre positivo- case prefiro non ter nada previsto nestes momentos.

O independentismo entra dentro das túas arelas ou proxectos a propósito de Galicia como nación?

Galicia é unha nación, chámese histórica ou como se queira, e dicía antes que estou máis pola loita do día a día, polos obxectivos a curto prazo, e polo desexo último de acadar unha sociedade onde primen os principios de liberdade, solidaridade, igualdade e xustiza social. Dáme certo temor esgotar esforzos en tentar abranguer grandes metas e esquecer o arredor cotián, o presente e as persoas próximas ou afastadas. Mais se me pides que sintetice esta proposta, diríache que quedo co utilitarismo: o mellor ben para o maior número de seres humanos; un principio de utilidade que persegue, de modo esencial, a felicidade das persoas e que pode servir como instrumento de reforma política e social, dentro dun marco socialista que atenda ao devir dos cidadáns, contemplados dun xeito global á vez que personalizado.

Da historia máis recente, refírome ao franquismo e a súa acción criminal en Galicia, aínda falta moito por contar?

Hai moito contado xa nesta última década, pero aínda así, queda outro tanto; e hai que darse présa en facelo, porque aínda temos entre nós moitas persoas que conservan fresca a memoria e poden achegar as súas vivencias. Nos arquivos atópanse moitos documentos fundamentais para escribir esa historia, pero é un luxo convivir cos que a viviron de preto. Non podemos desperdiciar as súas achegas. Galicia leva sobre as súas costas moitas mortes, moitas bagoas derramadas, moitas inxustizas… O mínimo que lles podemos ofrecer aos represaliados é a nosa atención, o noso respecto e o noso recoñecemento.

É necesaria unha nova división administrativa de Galicia que substitúa as actuais provincias?

Galicia ten moitas divisións administrativas, aínda que non amosen o mesmo recoñecemento “oficial”; é o caso das comarcas e das parroquias, que funcionan axeitadamente no día a día. Non sei se precisa algunha división nova, penso que xa ten dabondo.

As deputacións provinciais que papel xogan… Non cres que son entidades clientelistas e decimonónicas?

Nunca entendín ben o papel das deputacións, como tampouco entendo o do Senado español. Penso que se ambas as dúas institucións desaparecesen non se notaría a súa ausencia; consecuentemente, semellan ser algo inútil para o correcto funcionamento da Administración. Por outra banda, se ademais supoñen unhas dotacións económicas considerables… o mellor sería, si, prescindir delas.

Traballas agora nalgún libro en concreto?

Nestes momentos teño xa corrixidas as probas dun libro de poesía conxunto, con Jorge Letría (poeta portugués): Xemelgos das mareas. Un segundo, Ondatrasonda, anda polo Porto, tamén a piques de se publicar. Noutra liña, penso que o mes que vén poderei presentar: A conservación dos monumentos arquitectónicos en Galicia (1840-1940), cincocentas páxinas nas que se reflicte o drama patrimonial que sufriu o noso país neses anos terribles para a historia do patrimonio.

Como vai o Patrimonio e a Sociedade galega, da cal ti es especialista?

Para responder a esta pregunta precisaría de moito máis espazo do que me resta, así que me permite que o faga dun xeito curto, pero ben transparente: Vai indo… l

Benquerido Issac, despois de tantas conversas, de tantos instantes compartidos en fraternal compaña, non agardes hoxe de min un adeus melancólico, nin unha ladaíña de mágoa. Hoxe, Isaac, coma sempre, só quero e teño para ti o meu profundo agarimo e a miña admiración sincera, porque sinto que segues estando aí, recio e forte, observando as mudanzas deste noso país cunha mirada entre carraxenta e magoada; qué pouco fai falla para desandar o conquerido despois de tanto esforzo común, cantos e cantas serían os que hoxe, se puidesen, virían das cinzas a berrar alto e forte a súa protesta. Bos e xenerosos que, coma ti, tentarían impedir este desmantelamento sociocultural e económico que semella aveciñarse a través dunhas mans inexpertas e incompetentes. Semella non ser casualidade que o teu último alento nos deixase o mesmo día en que dende Madrid se pretende, paseniñamente, dar marcha atrás a este proxecto dunha Galicia maior de idade, competente no seu e atenta ao porvir das súas xentes.
Xunto con outros compañeiros da túa xeración, fuches para todos nós ese símbolo útil ao que mirar nos instantes en que é preciso levantar a cabeza sen medo para defender o que é noso, por historia e por dereito, por amor á nosa terra e por obriga ao noso pobo e ás xeracións futuras. E non che foi sinxelo noutros tempos, naqueles en que o anano alugapatrias campaba o seu desexo até os recunchos máis íntimos. Pero sempre estabas aí, en pé, con ese paso curto de longa travesía, sorteando con habilidade aos corsarios benmantidos e de sospeitosas voces.
Home de empresa –pero endexamais de presa– é curioso que nos últimos anos tiveses tamén que sortear a quen non comprendía os teus anhelos. Mais se venceron na primera batalla, non convenceron máis que a si mesmos; e novamente saíches victorioso e reforzado cos apoios de todos aqueles e aquelas que, á fin, falabamos esa mesma linguaxe na que o compromiso coa cultura desta terra ía por diante de calquera outro proxecto de carácter esencialmente económico. E aí están tamén os traballadores que che fixeron compaña ao longo de tantas décadas para falar de ti, nos seus xustos termos. Aí están tantos e tantas escritores e investigadores que saben do que digo. Aí tes hoxe tamén, atentos ao teu recordo, ás ducias de artistas galegos que te tiveron preto cando fuches preciso para eles. Aí están os teus nomeamentos e recoñecementos públicos ao longo de tantos e tantos anos, as rúas que por Galicia adiante levan o teu nome, sen que ninguén ouse a cuestionar que o teu recordo quede impreso nelas para o futuro. Poucas persoas son tan dignas coma ti para acompañarnos nesas ducias de espacios de tránsito compartido. Recórdaste? Ante calquera homenaxe sempre te amosabas sorprendido, con esa actitude de falsa modestia que a todos nos era familiar, e que agardabamos sorrintes, como sorrinte e fachendoso estabas ti, sempre agradecido.
Benquerido Isaac, desde este Ferrol dos Traballadores, patria primeira do teu pai e lugar ao que sempre fuches benvido, quero hoxe, unha vez máis, enviarche una forte aperta (tensa aperta, como ti dicías). Onde estés, agárdanos, e entrementres non chegamos vai poñéndote á fronte dun recuncho dese espacio e organiza para nós unha patria libre, coas coordenadas de Galicia. Boa viaxe, Grande Mestre da Arte, Cabaleiro de Galicia e Señor de Sargadelos.

Volver

Tengo abandonado este blog desde hace meses. Comienzo a plantearme la vuelta…