Se habito onde un rododendro florece no outono, se podo ir camiñando e atopar o mar que rompe até facerse cento e un mil salseiros, se miro ao meu redor e atopo eses libros que, desde sempre, atesorei e aínda queda algún por ler, se non me importa nada disfrutar cos cigarrillos e que o meu cuarto ula a tabaco denso e rubio. Se levanto a vista e está o amor fronte a min; como sempre imaxinei que sería a súa compaña…
¿Por que debo saír aquí; loitando contra esas frustracións que me afrontan a outro mundo, coma se fosen lóstregos alleos que veñen de escuros arrabaldos? ¿Por que argumentar a necesidade da loita contra aquilo que a tan poucos interesa? ¿Por que berrar ¡xustiza!; se, á fin, é un sonido que disturba o acaído son das ondas que chegan até a casa?
Quizais non me sexa doado dar razóns a esa que me inquire. Quizais só sexa unha “cuestión de carácter”, e si, quizais volva, ¿por que non?, con máis folgos, con máis carraxe, e con máis aplomo tamén á hora de pedir contas a quen ten obriga de nolas dar.
¿Quizais sexa decembro tempo de despertar?